luns, 14 de decembro de 2015

Concerto de fin de ano


Sábado, 26 de decembro de 2015
ás 19:30 horas
no Pazo da Cultura de Narón

martes, 8 de decembro de 2015

Audicións do primeiro trimestre

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro levaranse a cabo as primeiras audicións dos alumnos e alumnas da escola de música da Asociación cultural e musical "Sementeira", estades convidados a comprobar os primeiros froitos do traballo dos nosos nenos e nenas.



- Mércores 16, ás 19:15 horas: Oboe, Trompeta e Violonchelo
- Xoves 17, ás 16:00 horas: Trompa, Fagot, Trombón e Percusión
- Venres 18, ás 17:00 horas: Clarinete e Saxo; e ás 18:30 horas: Frauta

sábado, 19 de setembro de 2015

Fin de semana de concertos

O sábado 26 de setembro, se o tempo o permite, a Xove Banda de Narón actuará na Praza Nova da Gándara, será nun novo concerto de "Música na rúa" que terá lugar ás 12:30 horas. O ensaio será á hora habitual (11), pero haberá que traer o traxe para achegarnos a pé dende o pazo ata a praza.

O domingo 27 de setembro, a Xove Banda de Narón actuará no local social da Picota, no Couto, dentro do tradicional ciclo de "Tempo de Música". Os músicos estamos convocados no local social da Picota ás 17:30 horas. Non hai bus. Prégase a maior asistencia e puntualidade (o concerto comeza ás 18 horas e hai que montar, afinar, etc)


sábado, 12 de setembro de 2015

Matrícula para o curso 2015-2016 na escola de música da A.C.M. Sementeira de Narón

 
O prazo de matrícula da escola de música abrirase do 14 de setembo ao 2 de outubro, ámbolos dous inclusive.
As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural e Musical Sementeira, sitas no 2º andar do pazo da cultura:

  • De luns a venres: de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas.
  • Sábados: de 11 a 13 horas.


Para máis información poden chamar ao teléfono 699 458 267 ou contactar con bandasementeira@hotmail.com

Ofertarase a matricula nas seguintes materias:

  • Música e movemento (5 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Iniciación á linguaxe musical (6 e 7 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Linguaxe Musical (a partires dos 8 anos e adultos) dende 1º a 6º curso: matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Instrumento (frauta traveseira, oboe, requinto e clarinete, saxofón, fagote, trompeta e fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión): matrícula 68 € + 10 €/mes

 
O curso consta de oito mensualidades de outubro a maio, ámbalas dúas incluídas.
A cuota de socio é obrigatorio e son 25 € anuais.


O sábado 3 de outubro será a reunión para repartir os horarios de instrumento, ás 11:45 horas no 2º andar do Pazo da Cultura. Celebrado o sorteo ante tódolos asistentes ao pasado ensaio da XBN (5 de setembro) resultou elexida a letra B, polo tanto, a elección de horarios de cada instrumento farase a partir de aqueles matriculados cuxo primeiro apelido comece pola citada letra, e continuando en orde alfabética.

venres, 4 de setembro de 2015

Comezamos

Mañá comezamos a nova tempada de ensaios e concertos logo deste parón vacacional durante o mes de agosto. OLLO, os ensaios continuarán sendo aínda no AUDITORIO da Praza de Galicia ata a vindeira semana, porque teremos concerto alí, e xa despois faremos a mudanza de volta ao pazo.

Os máis madrugadores serán os rapaces e rapazas da bandita, que ensaiarán como é habitual de 9 a 10:30 da mañá. Logo dun descansiño, ás 11 será o turno dos maiores. 

O vindeiro sábado 12 de setembro, a Xove Banda de Narón fará unha actuación na Praza de Galicia, ampliaremos a información sobre o horario máis adiante cando a teñamos confirmada.

sábado, 1 de agosto de 2015

Vacacións

Esto foi todo, amigos, despois destes últimos dous meses nos que a escola de música e a bandita celebraron o festival de fin de curso (5 de xuño), e logo nestas últimas semanas as saídas a Cariño (16 de xullo) e Ortigueira (28 de xullo), esta tempada chega ao seu fin.
 
Desexamos un bo descanso a todo o mundo e que carguedes moito as pilas, porque...
 voltaremos o sábado 5 de setembro
ao AUDITORIO cunha manchea de novos proxectos que non vos deixarán indiferentes. Gozade do que resta de verán e estade antentos en setembro! Ao ataque!


Churrascada XBN 2015. Créditos da foto: Comodoro, gran representante e mellor persoa.
 

venres, 22 de maio de 2015

Festival de Bandas de Solfa, en Vidán - Compostela

Mañá, sábado 23 de maio, a Xove Banda de Narón desprazarase ata a parroquia compostelá de Vidán, onde participará no I Festival de Bandas de Música Popular que se enmarca nas festas do San Mauro de Vidán (Santiago de Compostela) e organizado pola Asociación Cultural e Musical Solfa das Fontiñas.
Actuarán ademáis da XBN as bandas de Lousame e a propia banda de Solfa. AQUÍ podedes consultar o programa do festival.

O autobús sairá do Pazo da Cultura de Narón ás 16 horas da tarde. Rógase a maior asistencia e puntualidade.